Portada Campañas Europa ten que asumir o liderado!
Europa ten que asumir o liderado!
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Durante as próximas semanas os representantes europeos decidirán en nome de europeos e europeas cal debe ser a nosa resposta ao cambio climático. Liderarán a loita para manter quecemento global por baixo de 2°C.

2009 será un ano crucial para conseguir un acordo post-2012. Os estados do mundo reuniranse na Conferencia das Nacións Unidas en Copenhague para traballar nun Acordo Internacional que aborde o Cambio Climático despois do acordo de Quioto.
¡Toma partido!

Ata agora a Unión Europea apoiou un acordo global para recortar as emisións polo menos nun 30% para o 2020 e evitar os peores impactos do quecemento global. O primeiro paso é conseguir un acordo para reducir as emisións europeas que demostre que a UE ten vontade suficiente para liderar as negociacións internacionais.

Apoia a campaña Time to Lead! e escribe aos teus líderes políticos para que apoien a adopción de políticas fortes na loita contra o cambio climático. Amigos da Terra, Climate Action Network - Europe, Greenpeace, e WWF, representando a uns 5 millóns de votantes europeos, uníronse nesta campaña para conseguir a adopción de medidas fortes e serias en cambio climático para a UE. A través desta campaña pública animamos aos líderes dicindo: É hora de liderar a loita!

Se queres saber máis sobre a campaña pica aquí.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.