|
A campaña Zona libre de Bolsas, xurde de Amigos da Terra como unha campaña enfocada cara a redución e progresiva eliminación das bolsas dun só uso, e á sensibilización sobre as repercusions sociais e ambientais do uso excesivo destes elementos.
Pinchando nesta imaxe, poderás coñecer a campaña máis polo miudo, e formar parte dela.
E visitando o blog, podes ver todas as persoas que xa renuncian á bolsa dun so uso, e ideas para que ti o fagas tamén.
Declárate libre de bolsas!

|
|
|
A cidadanía apoia a prohibición das bolsas de plástico enviando a súa sinatura á Ministra de Medio Ambiente
Xa son mais de 2000 as sinaturas recollidas ata o momento por parte da cidadanía en favor da eliminación das bolsas de plástico. Esta campaña, de recollida de sinaturas contra as bolsas de plástico dun so uso, enmárcase dentro dun proxecto máis amplo levado a cabo pola área de residuos de Amigos da Terra, no que se realizan diferentes accións para promover e lograr a redución de residuos no noso país. Os residuos non biodegradables, como as bolsas de plástico, representan unha ameaza para a nosa contorna, e os cidadáns e máis en particular o goberno deben responsabilizarse da súa redución asegurando un medio ambiente saudable.
|
|
|
|
|
|