Neste boletín:
Estimados socios/as, aquí tedes o boletín correspondente ao mes de agosto. Xa sabedes que tamén podedes seguir as novas da asociación nas redes sociais, Facebook e Twitter.
Seguimos celebrando os 40 anos de Amigos de la Tierra Internacional
Como sabedes, Amigos de la Tierra Internacional, a federación de grupos ambientalistas máis grande do mundo, conmemora o seu 40 aniversario durante este 2011.

Deixámosvos cun vídeo destes 40 anos de loitas e éxitos.
Máis información
Deficiencias na prevención dos lumes
O pasado 13 de agosto cumpriuse o aniversario do falecemento dos brigadistas Julio Martínez da Silva e de Rodrigo Amo González. Dende Amigos da Terra consideramos que a mellor lembranza que se pode facer de Rodrigo e Julio é comunicar unha vez máis as graves deficiencias que ten o Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia.
Máis información
Rutas marítimas pola ría de Pontevedra
Dende a asociación alertamos do perigo das travesías turísticas pola ría de Pontevedra, xa que poderían poñer en perigo os poucos refuxios de especies mariñas que quedan a salvo da presenza humana na ría.
Máis información
AS CORCERIZAS
Voluntariado ambiental contra os incendios forestais

A mediados de mes, levamos a cabo no Centro unha das tres fins de semana previstas no programa "Voluntariado ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais", co que se pretende sensibilizar e infundir criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra incendios.
As fins semana pospostas en agosto celebraranse en setembro, do 2 ao 4 e do 9 ao 12.
Non perdades a oportunidade de participar neste programa, aínda estades a tempo!
Máis información
Encontro Estatal de Ecoaldeas
Do 25 ao 30 de agosto, celebramos no Centro, o XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas, un espazo no que máis de 200 persoas compartimos experiencias e coñecementos para transformar as nosas vidas e o noso entorno cara novos modelos de convivencia que velen pola sustentabilidade, a autoxestión e o respecto por minorías e maiorías.

En breve enviarémosvos un resumo do encontro, por agora, aquí tedes a nova que apareceu na TVG.
Máis información
ASESORÍA XURÍDICA
Vigozoo celebra 40 anos de ilegalidade
O zoológico de Vigo celebrou a principios de mes os seus 40 anos, non obstante para nós, non hai moito que celebrar, xa que 40 anos despois segue sendo ilegal, sen licenza municipal de actividade, sen ser o propietario dos terreos, e con instalacións pechadas ao público.
Máis información
CAMBIO CLIMÁTICO
Expedicións ao Gran Burato
A primeiros de mes deu comezo a segunda expedición á fosa atlántica na busca de novos xacementos de petróleo. Dende Amigos da Terra demandamos menos prospeccións de combustibles fósiles e máis investimento en enerxías renovables.
Máis información
Problemas de abastecemento de auga en Vigo
Ante os problemas de abastecemento que sufre e cidade de Vigo, propuxemos ao Concello e a cidadanía medidas concretas para o aforro e uso eficiente da auga, máis racionais e sensatas que esnaquizar e secar os ríos da comarca.
Máis información
COOPERACIÓN
A exposición do Golfo de Fonseca no CEIDA
Ata o vindeiro 30 de setembro o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) acollerá a exposición sobre o proxecto do Golfo de Fonseca, elaborada por Amigos da Terra e AGARESO.

Máis información
RESIDUOS
Fraude na recollida de lixo
Dende a asociación celebramos que a Consellería de Medio Ambiente por fin puxese interese no bo funcionamento dos sistemas de reciclaxe de residuos, tomando medidas contra algúns concellos, non obstante, tamén demandamos que siga esa mesma axilidade para investigar os niveis de reciclaxe que está a facer SOGAMA.
Máis información
Vertedoiros incontrolados en Soutomaior

A mediados de mes, fixemos unha crítica sobre a solución posta en marcha polo Concello de Soutomaior, ante a folga de lixo. Unha solución que incumpre a Lei de Residuos de Galicia, e que rematou coa creación de novos vertedoiros incontrolados na localidade.
Máis información
Amigos da Terra forma parte de Amigos de la Tierra España, Friends of the Earth Europa e Friends of the Earth International.
|