Portada
Amigos da Terra
Amigos da Terra segue a traballar no fortalecemento dos grupos de pescadores artesanais en Nicaragua PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Judith Sing   
Martes, 05 Maio 2009 11:28

                                                                                                                                                           

Nicaragua é o segundo país máis pobre de Latinoamerica por iso a axuda ao desenvolvemento e moi importante para contribuír á erradicación da pobreza e a mellora das condicións de vida das comunidades menos favorecidas.

A presenza de Amigos da Terra en Nicaragua remontase fai vinte anos, nesta ocasión o traballo desenvolverase na Illa de Ometepe situada dentro do Lago de Nicaragua, a experiencia de traballo na Illa comeza desde o 2004 onde vimos desenvolvendo modelos comunitarios de turismo, apoiando procesos de produción sostible, incidindo no ordenamento do sector pesqueiro, incrementando a educación ambiental da poboación estudantil local, realizando actividades de recuperación de ecosistemas degradados, etc. Esta experiencia previa, e as alianzas locais, son a base para a construción desta nova proposta que a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Cooperación Exterior apoiaran para os próximos dous anos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Novos Voluntarios Europeos colaboran con Amigos da Terra PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Angel Dorrio   
Venres, 14 Xaneiro 2011 09:53

sve_mapa
Amigos da Terra, acolle a tres novas persoas voluntarias europeas: Balint Mezo de Hungría, Aurel Rusnak de Eslovaquia e Sandra Almeida de Portugal, que acaban de iniciar o seu voluntariado e permanecerán en Ourense durante 1 ano.

Os voluntarios súmanse aos distintos proxectos de información e educación ambiental que se desenvolven en Amigos da Terra e no centro de "As Corcerizas".

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Xornadas de Recuperación de zonas afectadas polos lumes PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Angel Dorrio   
Luns, 21 Novembro 2011 19:11

plantacion_arnuide_020

 

Coñecer, valorar e capacitar para actuar.

 

Amigos da Terra levará a cabo durante a vindeira fin de semana unhas xornadas de sensibilización e acción ambiental para a recuperación de zonas afectadas polos lumes na Serra de San Mamede, Macizo Central Ourensán.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Ecos pola xustiza climática PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Angel Dorrio   
Xoves, 03 Novembro 2011 19:12

xustiza_climatica

Amigos de la Tierra esixe un acordo xusto no cume do clima

 

A menos dun mes para que comece o Cume de Cambio Climático en Durban, Sudáfrica, Amigos de la Tierra lanza a súa campaña "Ecos pola xustiza climática". Así decenas de persoas de América Latina, África, Asia e Europa fixéronse ouvir gravando un breve vídeo, onde explican como lles está afectando o cambio climático nas súas comunidades.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Abren un expediente sancionador á construtora da vía rápida Ourense-Celanova por vertidos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Angel Dorrio   
Xoves, 24 Novembro 2011 14:24

rios_limpos_p

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil enviou a Plataforma Rios Limpos, da que forma parte Amigos da Terra, unha copia do acordo de expediente sancionador aberto contra a empresa construtora da vía rápida Ourense-Celanova polos vertidos non autorizados realizados no mes de maio.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
« InicioAnterior12345678910SeguinteFinal »

Páxina 1 de 161
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.