| Conservación e Usos da Terra |
|
Neste aspecto contémplanse todas as actividades e campañas centradas na repoboación forestal. Dende accións concretas con grupos e datas sinaladas, como por exemplo o Día da Árbore, ata eventos de colaboración.
Campaña "Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore"
Levamos nove anos realizando esta actividade en coordinación co Centro de Transfusión de Galicia. Durante esta campaña, que ten unha duración de catro días, por cada persoa que doe sangue será plantada unha árbore autóctona, nalgunha zona afectada por incendios forestais.
![]()
|

Presentación



