DocumentosData de publicación
Rolda de Prensa da convocatoria da manifestación en defensa dos montes en Ourense e as reinvidicacións presentadas
Manifesto elaborado polos traballadores/as do Distrito Forestal XII, Miño (Arnoia), en lembranza e solidariedade cas familias, compañeiros e compañeiras dos brigadas falecidos na extinción do lume en Fornelos de Montes o día 13 de agosto de 2010.
Dende Amigos da Terra queremos denunciar o maltrato que sofren todo tipo de animais para o consumo, para experimentos, a contaminación que estas grandes industrias están causando ao medio ambiente e calquera actividade que lle cause dor ou deixe sen liberdade a estes seres indefensos que nos piden piedade.
Programa IIIª Xornadas de Agroecoloxia
O Courel é o territorio de maior biodiversidade e xeodiversidade da Galiza. Polos seus valores naturais e culturais foi declarado Espazo Natural en 1991, con especial protección urbanística e está incluído na Rede Natura 2000. Isto non abondou para impedir a inmensa desfeita ambiental que se está levando a cabo en toda a Comarca, con danos irreparables aos veciños, aos ecosistemas fluviais, aos elementos culturais, á paisaxe, á flora, á fauna, ...
Informe do Comité de Defensa do Monte Galego para a Comisión de estudo sobre as causas e consecuencias dos incendios forestais. Parlamento de Galicia. 5 de outubro de 2006.
Un ecosistema forestal despois dun incendio queda nunha situación moi vulnerable fronte a calquera outra agresión humana ou ambiental.
Hai unha serie de recomendacións que convén ter en conta para non acumular impactos sobre os ecosistemas, ante todo hai que evitar danar máis o solo, a vexetación e a fauna supervivinte. O dano causado polo incendio depende especialmente da intensidade dese lume, pero as consecuencias van a ser complexas.
Este pequeno manual de plantafragas redactado de modo sinxelo e ameno, tenta ensinar como sementar e plantar árbores, está dirixido a nenas/os e non tan nenas/os, que nalgún momento da súa vida crean ter nas súas mans a oportunidade de participar na conservación do medio natural galego