Portada Grupos comarcais
Grupos comarcais
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
Grupos Comarcais de Amigos da Terra

Respondendo ao lema de “Pensa globalmente, actúa localmente” a estrutura da asociación está sendo vertebrada a medida que voluntari@s, soci@s e persoas afíns ao obxetivos que persegue Amigos da Terra deciden crear un grupo comarcal no seu lugar, para facer máis presión tanto a nivel cidadá como a nivel político.

O grupo de Amigos da Terra en Galiza está formado por:
  • Sede Coordinadora en Ourense
      Rúa da Concordia 20, 2º esquerda
      32003 Ourense
      Tel. 988 374318 Fax. 988 511020

  • Grupo comarcal Pontevedra
      Apartado de Correos 1293, 36280 Vigo

Na sede coordinadora un equipo de persoas contratadas e voluntarias desenvolven o traballo diario da asociación.


Os grupos comarcais están constituídos por un mínimo de 3 soci@s, e as actividades que realizan van desde a participación en campañas internacionais, promoción de campañas a nivel local, labores de información e concienciación cidadá, de educación ambiental e de denuncia, ...; propostas nas que os nosos soci@s, voluntari@s, e colaboradores poden e deciden traballar baseándose sempre nos obxetivos e principios da asociación.


Somos unha asociación aberta, cunha estrutura horizontal, democrática e en rede, que promove a participación a nivel local e con capacidade para xerar alternativas e propostas que nos leven a construír sociedades máis xustas e sostibles medioambientalmente.

Traballamos dende o local para acadar un obxetivo global, por eso invitámoste a coñecernos e a que colabores connosco, porque ti tamén podes crear un grupo comarcal.

¡Actívate!
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 
Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.