Portada Hemeroteca [ANOSATERRA.ORG] Amigos da Terra pide que as empresas implicadas respondan pola 'desfeita ambiental' en Vigo
[ANOSATERRA.ORG] Amigos da Terra pide que as empresas implicadas respondan pola 'desfeita ambiental' en Vigo
Venres, 12 Setembro 2008 01:00
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Redacción.  A asociación ecoloxista Amigos da Terra requiriulle hoxe ao Concello de Vigo que lle aplique ás once empresas instaladas na nave industrial do Gorxal o principio 'quen contamina, paga'.

 

Nun comunicado, a asociación ecoloxista Amigos da Terra apunta que as verteduras ao río Lagares e á praia de Samil teríase evitado se as empresas emprazadas no polígono vigués do Gorxal cumprisen coas normas que regulan este tipo de instalacións, xa que só unha delas tiña a licenza correspondente.

A organización ecoloxista non descarta manter encontros con técnicos do Concello vigués co obxectivo de buscar accións comúns para que se apliquen os contidos legais aos operadores causantes desta "desfeita ambiental".

Os ecoloxistas pídenlle ao Concello de Vigo que lles aplique ás once empresas localizadas na nave do Gorxal, que se incendiou a semana pasada, o principio “quen contamina, paga”.

Fonte: anosaterra.org

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.