| [VIEIROS] Amigos da Terra esixe ás administracións transparencia no caso do gasoil vertido por Adif |
| Mércores, 30 Abril 2008 01:00 |
|
A fuga do gasoil deuse a coñecer o luns, pero o certo é que xa o sábado os veciños de Reza alertaban da presenza dun forte cheiro a fuel na zona, póndoo en coñecemento do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil. O grave do caso non é tan só que, dende que se detectou a fuga ata que se procedeu a pór remedio á situación transcorreron horas senón que, un Informe oficial do ano 2.006 recollía a contaminación do río por químicos provintes dos depósitos de Renfe. Polo tanto, había coñecemento dunha situación de alto risco para o medio ambiente e da que os responsables fixeron caso omiso ata estes días. As incorrectas previsións de Adif e a falta dun plan de actuación ante estes casos, puidera ter agravado unha situación que podería evitarse de tomarse as medidas axeitadas de protección e seguridade. O equipo técnico de Medio Ambiente que se desprazou ao lugar, asegura que parte da contaminación chegará ao río Miño. Outra parte, pasou pola depuradora. Pero o certo é que este tipo de manchas de aceite impiden a depuración da auga porque obstrúense os filtros. A este accidente previsible, e non fortuíto, súmase a falta de información á cidadanía.
Fonte: Vieiros |











