|
Martes, 27 Novembro 2007 01:00 |
|
Con motivo do seu décimo aniversario, a asociación ecoloxista Amigos da Terra organizou a Mesa-Debate "Participación cidadá e educación ambiental" na que interviron RUBÉN CELA, director xeral de Xuventude e Voluntariado; MONTSE VALENCIA, asesora xurídica de Amigos da Terra e MIGUEL ARDELLAS, coordinador da Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA). Moderará a mesa ANTÓN LOIS de Amigos da Terra. Esta actividade enmárcase nas xornadas "10 anos de Propostas Sustentables" que se desenvolven do 27 de novembro ao 1 de decembro, nas cidades de Santiago de Compostela, Vigo e Ourense. Fonte: clubinternacionaldeprensa.org
|