|
Escrito por Angel Dorrio
|
|
Sábado, 15 Outubro 2011 11:48 |
|

Amigos da Terra levará a cabo durante a fin de semana do 22 ao 23 de outubro, unha nova actividade formativa no eido da educación ambiental, coa que pretendemos poñer en valor a súa potencialidade.
|
|
Escrito por Angel Dorrio
|
|
Sábado, 10 Setembro 2011 12:39 |
|

Amigos da Terra levará a cabo do 30 de setembro ao 7 de outubro, dous cursos prácticos sobre “Bioconstrución” e “Rehabilitación e Construción con cal” no Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas”, equipamento pioneiro na utilización de técnicas bioconstrutivas e na aplicación da arquitectura bioclimática como exemplo que demostra a súa realidade.
|
|
Escrito por Montse Fernández
|
|
Xoves, 25 Agosto 2011 11:49 |
|

O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, proxecto pioneiro en Galicia no eido da sustentabilidade e coherencia ambiental, é o lugar elixido pola RIE (Rede Ibérica de Ecoaldeas) para a celebración do seu macroencontro anual. Dende hoxe e ata o vindeiro martes, 300 persoas de todo o estado español compartirán as súas experiencias nun contorno de sostibilidade, autoxestión e exemplo de novos modelos de desenvolvemento.
|
|
Escrito por Angel Dorrio
|
|
Xoves, 11 Agosto 2011 18:35 |
|

Amigos da Terra acollerá en As Corcerizas o XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas, que se vai celebrar dende o 25 ao 30 de agosto.
Será un momento onde compartir experiencias e coñecementos que nos axuden a transformar de xeito creativo as nosas vidas e o noso entorno cara novos modelos de convivencia que velen pola sostibilidade, a autoxestión e o respecto por minorías e maiorías.
|