| Volve "Naturalmente Galicia" |
| Escrito por Montse Fernández |
| Luns, 16 Febreiro 2009 18:01 |
Xa está aberto o prazo para apuntarse ás actividades que como cada ano ofrece o programa ambiental “Naturalmente Galiza”, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e que permite coñecer o país a través de rutas e actividades de fin de semana polas principais comarcas. Dende o 13 de marzo ata o 14 de xuño levaranse a cabo saídas, con actividades que inclúen desde escaladas a itinerarios de sendeirismo, pasando por cursos de interpretación do patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico do país. Amigos da Terra, participa un ano máis neste programa cunha ruta en As Corcerizas chamada “Camiñando ao son das montañas”. Entre as actividades que se levarán a cabo durante estes días destacan, unha ruta ambiental interpretativa ata o Bidueiral de Montederramo, durante a cal realizarase unha actividade de rastros e sinais da fauna do contorno. Un baño termal no balneario de Baños de Molgas e un curso de técnicas de supervivencia na montaña, onde os mozos aprenderán a facerlle fronte a situacións adversas. Datas: maio, do 8 ao 10,do 15 ao 17, do 29 ao 31.
xuño, do 5 ao 7.
Coa posta en marcha deste programa preténdese mellorar o coñecemento físico, histórico e cultural de Galicia entre a mocidade e sensibilizar aos máis novos, da importancia da conservación do noso contorno.
Se queredes apuntarvos, podedes facelo na web de "Naturalmente Galiza". |

Xa está aberto o prazo para apuntarse ás actividades que como cada ano ofrece o programa ambiental “Naturalmente Galiza”, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e que permite coñecer o país a través de rutas e actividades de fin de semana polas principais comarcas. 


