| Comeza o curso práctico de bioconstrución en "As Corcerizas" |
| Escrito por Montse Fernández |
| Xoves, 20 Agosto 2009 08:11 |
|
Máis dunha vintena de persoas procedentes de diferentes puntos da xeografía española (Madrid, Bilbao, Ciudad Real, entre outros) e de profesións moi dispares, daranse cita neste centro, pioneiro na utilización de técnicas bioconstrutivas e na aplicación da arquitectura bioclimática como un exemplo que demostra a súa realidade.
O curso proporciona coñecementos, formación específica e ferramentas didácticas para a identificación e aplicación de solucións integrais que conduzan cara novos modelos de desenvolvemento que minimicen o impacto ambiental, social e sobre a saúde humana. Deste xeito, mostrará aos participantes como avaliar o impacto ecolóxico da construción: a chamada pegada ecolóxica; poderán coñecer e aplicar diferentes técnicas e materiais de bioconstrución e arquitectura bioclimática demostrando os grandes avances acadado para unha construción sostible e coñecerán os materiais de construción máis ecolóxicos e sostibles con noso medio.
Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas sobre o terreo, experimentando diferentes técnicas e posibilidades utilizadas na Bioconstrución. Así mesmo, contaremos coa colaboración e experiencia da REDE DE PERMACULTURA IBÉRICA NODO NOROESTE.
|

O Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas” acolle dende hoxe e ata o vindeiro domingo o curso práctico de “Bioconstrución e Autoconstrución” organizado por Amigos da Terra.


