Portada NOVAS “II Xornadas de Micoloxía e Boas Prácticas no Monte”
“II Xornadas de Micoloxía e Boas Prácticas no Monte”
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 19 Outubro 2009 18:34
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091015_setilla

O día 25 de outubro, Amigos da Terra dalle a benvida ao outono, presentando as “II Xornadas de Micoloxía e Boas Prácticas no Monte” e convidando a todas as persoas  amantes da natureza a participar nunha das actividades máis practicadas na nosa Galicia. Contaremos coa colaboración de Martín Souto Souto do Departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela e experto en micoloxía.

 

Será unha xornada onde combinaremos a parte teórica coa saída práctica ao monte para adquirir e afianzar, uns coñecementos básicos e necesarios para disfrutar dunha actividade saudable e evitar moitos perigos por intoxicacións que se producen habitualmente. Tamén nos servirá para recoñecer as setas e os fungos máis atractivos para a nosa gastronomía, e pasar un agradable e satisfatorio día.

O albergue de As Corcerizas estará dispoñible dende o día 24 de outubro para todas as persoas que estean interesados/as en comezar a disfrutar do encanto da serra antes da xornada micolóxica.

 

Programa:

Contidos das xornadas:

  • Información sobre fungos e boas prácticas no monte.
  • Recollida e recoñecemento por xénero, especie e hábitat, in situ.
  • Realización dunha ficha técnica.
  • Exposición dos fungos recollidos.

Non esquezades:

  • Guía de campo.
  • Navalla.
  • Cestiña ou caixa para levar os cogomelos.
  • Xantar.

Lugar e Horarios:

 

  • 25 de outubro con inicio da xornada ás 11:00 da mañá.
Inscricións:
  • Nº de prazas: 30
  • Prezo da xornada micolóxica: 10 €

Ficha de inscrición

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

As Corcerizas

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.