Portada NOVAS A bioconstrución como alternativa no Día Mundial contra a Contaminación Electromagnética
A bioconstrución como alternativa no Día Mundial contra a Contaminación Electromagnética
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 24 Xuño 2010 09:53
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

aula_peq

 

Neste día reivindicativo en contra da contaminación electromagnética, animamos á sociedade a coñecer a bioconstrución como outro modo de desenvolvemento, baseado no respecto pola nosa propia saúde e polo medio que compartimos.

 

De xeito natural as persoas estamos expostas a unha serie de influencias electromagnéticas, dende o sol, os raios cósmicos ou a radiación procedente da terra. Podemos imaxinarnos como pilas que recibimos unha gran cantidade de enerxía que nos carga, polo que o noso organismo é sensible a posibles alteracións, tanto por exceso como por defecto.

 

Non obstante, nunca ata o de agora estiveramos expostos a tanta diversidade de fontes de emisión artificiais e de tan longa duración: antenas de telefonía, wifi, liñas eléctricas, móviles, transformadores, e multitude de aparellos. Ademais, a nosa forma actual de construción masiva non ten en conta a posible elección de materiais, do lugar idóneo para construír e outros factores claves para diminuír o risco de contaminación electromagnética.

 

A bioconstrución engloba todos estes aspectos a ter en conta á hora de construír ou rehabilitar espazos confortables e sans, respectando a nosa saúde e a do medio ambiente. Axúdase da xeobioloxía como ciencia que integra os coñecementos tradicionais e as recentes investigacións científicas sobre as relacións do ser humano con estas enerxías.

 

Amigos da Terra defende a bioconstrución como alternativa para evitar a contaminación electromagnética e demostra a súa viabilidade e efectividade a través do proxecto que desenvolve en As Corcerizas, equipamento pioneiro na utilización destas técnicas e materiais.


Así mesmo, como medio para sensibilizar sobre esta temática e achegar ferramentas aplicables aos nosos fogares, levaremos a cabo no Centro un Campo de Traballo Alternativo baseado no eido da bioconstrución e a autoconstrución, do 20 ao 29 de agosto. As persoas que participen no mesmo, poderán adquirir novos coñecementos e criterios para integrar na súa vida cotiá e deste xeito desfrutar dun contorno máis san.

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

As Corcerizas

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.