Portada NOVAS Coñecer o noso medio para conservalo
Coñecer o noso medio para conservalo
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 22 Outubro 2010 18:29
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

aula_peq

Esta fin de semana levaremos a cabo en As Corcerizas as III Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna, unha nova edición deste demandado curso no que utilizaremos métodos de investigación non invasivos para a detección de especies esquivas, como por exemplo, o lobo e o teixugo.

Mentres que observar a vexetación é sinxelo, xa que esta forma parte imprescindible da paisaxe, a observación directa da fauna salvaxe no seu medio natural é moito máis complexa, de aí que un dos métodos máis utilizados polos/as naturalistas, sexa a búsqueda e o estudo dos rastros e pegadas dos animais.


Nestas xornadas, daremos a coñecer de xeito práctico a actividade dos animais no seu propio medio, á vez que aprenderemos a observar con detemento escenarios, restos e indicios que deixan ao seu  paso.

 

A interpretación dos diferentes rastros e sinais atopados, nos dará a información sobre comportamentos, perigos, hábitos alimentarios ou territorialidade dalgunhas das especies que forman parte do ecosistema  da Serra de San Mamede, en Ourense.

 

Ademais, para a xente que queira aproveitar a fin de semana na Serra de San Mamede, a asociación ofrece servizo de albergue o venres pola noite.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

As Corcerizas

 

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.