Portada NOVAS Amigos da Terra organiza un roteiro interpretativo pola Serra de San Mamede
Amigos da Terra organiza un roteiro interpretativo pola Serra de San Mamede
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 27 Outubro 2010 13:07
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

exerior03

 

Amigos da Terra, C.D.R. Eirada de Parada de Outeiro e a asociación veciñal San Breixo de Seixalbo organizan para o vindeiro 13 de novembro un roteiro interpretativo pola Serra de San Mamede e o Bidueiral “Montederramo” cun percorrido total de entre 16 e 20 quilómetros. A actividade rematará cun magosto no albergue das Corcerizas.

 

Está previsto que os participantes saian ás 10 da mañá do Albergue das Corcerizas ata a Fonte do Santo (nascente do Río Arnoia), cúmio da serra-Capela do San Mamede (1,618 metros)  e un lugar con vistas ás montañas máis altas de Galicia e ás serras de Portugal, Val do Limia, Val de Monterre eTerra de Caldelas.

 

A actividade continuará cun recorrido que suporá baixar ata o Bidueiral , un lugar de especial singularidade  para a súa visita en novembre, ao ser unha das épocas do ano onde esta fraga de alta montaña está máis bonita.


A ruta permitirá pasar polo Bidueiral e voltar de regreso polo camiño que leva a Peneda da Lebre, dende onde se poderá desfrutar dunha vistas incomparables sobre o Val do Medo-Maceda, Cabeza de Meda, a serra do Faro, A Martiñá, A Madanela, Faro de Avión, Val do Sil e Val do Miño.

 

Ao longo da xornada realizaranse un obradoiro de cartografía-orientación e a plantación de árbores nunha zona degradada, así como a interpretación dos ecosistemas que acubilla a serra de San Mamede. Para poñer fin á intensa xornada, á noitiña está planificado un magosto no Albergue das Corcerizas.


As persoas interesadas e particpar na actividade que non sexan socias ou socios de Amigos da Terra deberá aboar un prezo de 10 euros, nos que irá incluido o custe do autobús, as actividades e o magosto. Para socios/as e o resto de participantes partirá un autobús ás 9.00 horas da mañá dende o Parque San Lázaro.


As persoas interesadas en participar na actividade poden realizar máis información en cada unha das asociacións, en Amigos da Terra no número 988 374318 ou na páxina Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   e anotarse antes do día 10 de novembro.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

As Corcerizas

 

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.