Portada NOVAS Pon unha árbore na túa vida
Pon unha árbore na túa vida
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 21 Marzo 2011 09:00
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

bosque

Dando continuidade ao labor educativo que levan facendo neste eido Amigos da Terra, no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, e o Concello de Ourense, na Aula de Natureza do río Miño, levaremos a cabo hoxe, para celebrar o Día Forestal Mundial (no Ano Internacional do Bosques), unha xornada de achegamento ao Macizo Central Ourensán, co obxectivo de revalorizar os nosos recursos forestais e iniciar a creación dun bosque de acivros na Serra de San Mamede.

 

 

Esta actividade será o inicio dun recurso educativo que irá medrando e madurando co paso do tempo e a implicación dos diferentes Centros educativos e persoas que pasan anualmente pola Serra.

 

DÍA: Luns 21 de marzo

LUGAR: Macizo Central Ourensán, Serra de San Mamede, entorno do Centro de As Corcerizas

PARTICIPANTES: escolares de Ourense

 

Dende Amigos da Terra queremos agradecer a doazón da totalidade dos acivros a Luís Álvarez, quen coidou ate o seu tamaño de transplante as árbores que ían saíndo no seu xardín, na zona de Cerdedo.

 

2011 Ano Internacional dos Bosques


A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou en 2006 a resolución pola que se declaraba 2011 Ano Internacional dos Bosques, co obxectivo de concienciar á opinión pública de que os bosques son esenciais para a sustentabilidade do planeta debido aos beneficios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan.

 

logo-ao-internacional-de-arbol

 

Programa completo da xornada

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

As Corcerizas

 

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.