| Apúntate ao Monográfico de Construción e Rehabilitación con Barro! |
| Escrito por Montse Fernández |
| Venres, 06 Maio 2011 09:14 |
|
Os días 28 e 29 de maio, Amigos da Terra e o experto artesano e bioconstrutor Guido Tomasini, levaremos a cabo o curso de Construción e Rehabilitación con Barro. O obxectivo deste curso é mostrar, a través da práctica, esta posible alternativa para poder levar a cabo construcións e actividades de rehabilitación con barro nos nosos propios proxectos (vivenda, local social, traballo, etc.), aplicando diferentes técnicas con barro cru.
O barro é un dos primeiros materiais empregados pola humanidade para a construción, contando cunha serie de propiedades que o situan hoxe en día nun material de preferencia en bioconstrución. Xunto a outros materiais que manexaremos no curso, como palla ou mimbre, a facilidade de extracción, preparación e emprego, facilita o uso do barro en proxectos de auto-construción.
Contidos do curso: Sábado pola mañá
Sábado pola tarde e domingo todo o día
Prezo: 100 €; 85 € para socios/as de Amigos da Terra. Inclúe a matrícula, o aloxamento e a manutención, con alimentos de produción ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible.
|







Comentarios
tv.uvigo.es/video/24931
Saúdos, vémonos na serra!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.