Portada NOVAS II fin de semana de Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais
II fin de semana de Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 13 Maio 2011 17:28
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

40-f-imaxe-formulario

As Corcerizas acolle dende hoxe e ata o domingo, a segunda fin de semana de Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais, un proxecto de educación ambiental multidisciplinar posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, na Serra de San Mamede (Macizo Central Ourensán) e na Baixa Limia (Serra do Xurés).

 

Nesta ocasión, despois de facer un roteiro na busca e interpretación de rastros animais e profundizar no coñecemento da situación do lobo en Galicia, abordaremos unha temática de conexión coa Terra, dando renda solta á nosa imaxinación creando obras de "Land Art".

 

landart_web

 

Esta modalidade artística, trata de pór en relación directa ao ser humano co seu contorno e coa natureza, considerando que a obra de arte debe estar ao alcance de todos, como un elemento paixístico máis, e disfrutándoo do mesmo xeito que dunha montaña, dunha cala costeira o dun bosque de árbores centenarias.

 

voluntariado

O programa de Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais continuará durante o vindeiro mes de xuño en As Corcerizas (do 17 ao 19, e do 24 ao 26). Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do formulario de inscrición da web de voluntariadogalego.org da Xunta, ou chamando ao Teléfono Solidario 900400800.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

As Corcerizas

 

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.