| Curso práctico de Educación Ambiental, inscríbete! |
| Escrito por Montse Fernández |
| Martes, 24 Maio 2011 22:44 |
|
Amigos da Terra desenvolverá os vindeiros 4 e 5 de xuño en As Corcerizas, o curso "Recursos prácticos de educación ambiental no tempo libre", co que se pretende poñer en valor as ideas e capacidades dos monitores/as, reforzando o papel como educadores/as e nutrindo a vía para a profesionalización do sector do ocio e tempo de lecer.
A educación ambiental é unha ferramenta básica para os/as directores/as e monitores/as de ocio e tempo de lecer, pois son potenciais transmisores/as de aptitudes, coñecemento e valores, producindo nos seus receptores cambios actitudinais que lles fagan ser máis respectuosos co medio, xustos, críticos e conscientes das súas actuacións.
Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas. Traballaremos como abordar algunhas problemáticas ambientais difíciles de incorporar en programas de animación e tempo libre, como por exemplo o cambio climático, e como capacitar para a acción.
Obxectivos
Contidos Bloque 1
Bloque 2
Datas e Horario: 4-5 de xuño de 2011; o curso dará comezo o sábado 4 ás 10.30h e rematará o domingo 5 ás 19.00h.
Prezo: 75 €; 60 € para socios/as de Amigos da Terra. Inclúe matrícula, aloxamento e alimentación procedente de agricultura ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible.
|






