Portada NOVAS Comeza a segunda edición do campo de traballo sobre bioconstrución de Amigos da Terra
Comeza a segunda edición do campo de traballo sobre bioconstrución de Amigos da Terra
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 15 Xullo 2011 10:45
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

campotraballobio

O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, acolle dende hoxe e ata o vindeiro 26 de xullo a segunda edición dun campo de traballo alternativo, baseado no coñecemento de novas técnicas de bioconstrución e autoconstrución, o intercambio de experiencias entre os/as participantes e a súa aplicación práctica a través da realización de traballos colectivos no Centro.

 

Unha vintena de persoas procedentes de diferentes puntos da xeografía española e de profesións moi dispares, daranse cita neste centro, pioneiro na utilización de técnicas bioconstrutivas e na aplicación da arquitectura bioclimática. Un exemplo real de que é posible construír espazos máis confortables para nós e máis respectuosos co planeta.

 

Este campo de traballo forma parte do programa "Acción de Verán", campaña que convoca a Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e colabora o Concello de Ourense.

 

Durante estes doce días, os/as participantes recibirán formación e realizarán traballos de bioconstrución, contando con colaboradores como Guido Tomasini para o emprego do barro ou o Pintor de Quins para a aplicación de pinturas naturais.

 

campotraballobio2

 

O amplio programa compleméntase con outros temas relacionados coa conservación do patrimonio, etnografía, xestión sustentable do monte, roteiros, obradoiros, etc.

 

Ademais, os/as participantes terán a oportunidade de coñecer a costa galega, outros xeitos de ocupar e construír segundo o clima e materiais, e coñecerán tamén a cidade de Ourense, a través dunha visita guiada polo casco histórico, que rematará nas termas, grazas á colaboración da Concellería de Turismo, Industria, Comercio e Termalismo do Concello de Ourense.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

As Corcerizas

 

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.