| XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Xoves, 11 Agosto 2011 18:35 |
|
Amigos da Terra acollerá en As Corcerizas o XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas, que se vai celebrar dende o 25 ao 30 de agosto.
Será un momento onde compartir experiencias e coñecementos que nos axuden a transformar de xeito creativo as nosas vidas e o noso entorno cara novos modelos de convivencia que velen pola sostibilidade, a autoxestión e o respecto por minorías e maiorías. Realizaranse un total de 28 obradoiros, charlas, experiencias, ademáis de actividades e espazos autoxestionados (música, videoforum, obradoiros, bailes...) cos que poder trazar a nosa propia ruta por este universo eco aldeano.
Consulta a información e programa do Encontro: XIV Encontro de Ecoaldeas en As Corcerizas |






