Portada NOVAS Comeza en As Corcerizas o XIV encontro estatal da Rede Ibérica de Ecoaldeas
Comeza en As Corcerizas o XIV encontro estatal da Rede Ibérica de Ecoaldeas
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 25 Agosto 2011 11:49
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

ecoaldeas

O Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, proxecto pioneiro en Galicia no eido da sustentabilidade e coherencia ambiental, é o lugar elixido pola RIE (Rede Ibérica de Ecoaldeas) para a celebración do seu macroencontro anual. Dende hoxe e ata o vindeiro martes, 300 persoas de todo o estado español compartirán as súas experiencias nun contorno de sostibilidade, autoxestión e exemplo de novos modelos de desenvolvemento.

 

Neste encontro, compartiremos experiencias e coñecementos que nos axuden a transformar de xeito creativo as nosas vidas e o noso entorno cara novos modelos de convivencia que velen pola sostibilidade, a autoxestión e o respecto por minorías e maiorías.

ecoaldeas_inicio_01


Dividido en catro dimensións (social e comunitaria, ecolóxica, económica e espiritual), realizaranse un total de 28 obradoiros, charlas e experiencias nas que se abordarán aspectos relacionados con elementos sociais e comunitarios, como o activismo social, comunicación no violenta, liderazgo, autoxestión enerxética, decrecemento, bioconstrucción, permacultura, investimentos éticos, cooperativas, etc.

 

"Queremos volver a encontrarnos no espazo do posible, compartir e comprender o proceso que habemos de realizar como persoas para materializar aquí e agora a opción das ecoaldeas e os proxectos comunitarios", sinala Analía Moares, responsable de As Corcerizas.

 

Así mesmo, ademais de momentos de reflexión, intercambio de experiencias e técnicas de autoxestión, haberá espazo para actividades lúdicas que permitan fomentar a creatividade e a convivencia neste encontro de verán: música, videofórums, talleres e bailes, entre outras dinámicas.

 

Por outra banda, este ano realizaremos no Encontro un mercadiño de troco, no que intercambiaremos os produtos que traia a xente, (CD, DVD, libros, roupa, artesanía, pequenos aparellos, etc.) por puntos, que servirán para intercambiar por outros produtos.

 

Programa do encontro

Máis información

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

As Corcerizas

 

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.