| Curso avanzado de Bioconstrución e Monográfico sobre Cal |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Sábado, 10 Setembro 2011 12:39 |
|
Amigos da Terra levará a cabo do 30 de setembro ao 7 de outubro, dous cursos prácticos sobre “Bioconstrución” e “Rehabilitación e Construción con cal” no Centro de Educación Ambiental “As Corcerizas”, equipamento pioneiro na utilización de técnicas bioconstrutivas e na aplicación da arquitectura bioclimática como exemplo que demostra a súa realidade. Esta formación vai dirixida a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, calidade ambiental, etc.
Os cursos proporcionan unha formación específica e aplicacións prácticas sobre sistemas constructivos, materiais de bioconstrución, illamento térmico, asi como o emprego da cal en morteros, revocos e solos.
Máis información e inscricións
|








Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.