| Apoio ao alcalde de A Veiga pola súa defensa do desenvolvemento sostible |
| Escrito por Montse Fernández |
| Luns, 23 Novembro 2009 19:30 |
|
Así mesmo, queremos manifestar que nos resulta especialmente preocupante que a norma siga sendo ver como os concellos en xeral esnaquizan o seu patrimonio natural, e nos resulta excepcional atopar un alcalde como Fernando Fernández, que defenda auténticas políticas de sustentabilidade no seu termo municipal.
Para nós, resulta especialmente revelador ver como ao alcalde de A Veiga, que simplemente actúa consecuentemente co principio de precaución en materia de medio ambiente e prima a calidade de vida a longo prazo antes que a depredación cortoplacista, se lle denomine “ecoloxista radical”. E o que aínda é máis revelador, que ese cualificativo se utilice como acusación e insulto, e que sirva ademais para presentar unha moción de censura.
Dende Amigos da Terra, apoiamos ao actual alcalde de A Veiga, e animámoslle a continuar coas súas políticas de respecto medioambiental nunha comarca, que conta cunha riqueza natural incomparable e que posúe un dos lugares de maior valor natural da Comunidade Autónoma de Galicia: O Teixadal, ademais de gozar xa de figuras de protección como a Rede Natura 2000, Lugar de Interese Comunitario (LIC), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) ou Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA).
Por outra banda, recordámoslles ao resto da corporación, que ó problema non é que Fernando Fernández se pase de ecoloxista, o auténtico problema é que o resto, quédanse moi curtos.
|

Co motivo das novas aparecidas nos últimos días nos medios de comunicación, sobre a moción de censura que se vai presentar o vindeiro venres 27 no Concello de A Veiga, contra o actual alcalde por “ecoloxista radical”, ao substituír unha feira de caza por unha festa gastronómica ou non estar de acordo co proxecto da estación de esquí de Peña Trevinca, entre outros. Dende Amigos da Terra mostramos o noso apoio a Fernando Fernández por defender un desenvolvemento sostible, capaz de conxugar os intereses de A Veiga co respecto ao medio ambiente.









