Portada NOVAS Van dar comezo os campionatos para matar raposos en Galicia, non estando publicitados en ningures
Van dar comezo os campionatos para matar raposos en Galicia, non estando publicitados en ningures
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 07 Xaneiro 2010 11:12
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

raposo_ok

 

 

Amigos da Terra anuncia que o mércores día 6 foi o último día hábil da  tempada de caza 2009/2010, unha noticia que pode ocasionar un serio risco para os que, baseados na mesma, pretendan gozar do monte pensando que se acabou o risco que implican os disparos dos cazadores.

 

Pero a partir deste mesmo sábado, día 9 de xaneiro, comezan os “Campionatos de Caza de Raposo” nas catro provincias galegas. Sen previo aviso.

 

Estes campionatos provinciais, como é sabido, realízanse todos os anos en Galicia, así como o campionato galego e o campionato nacional, debido á imposibilidade e aos custos que representaría intentar realizaros en calquera outro lugar de España, onde non llo permiten ou os “competidores” terían que aboar elevadas taxas.

 

O perigo estriba no feito de que, unha actividade que antes lle publicitaba como un gran “acontecemento” por parte da Federación Galega de Caza, na actualidade agóchase no máis absoluto sixilo ao efecto de evitar o rexeitamento da poboación, así como a defensa dos animais que levan a cabo as asociacións ecoloxistas.

 

Tal ocultación non só é estéril aos efectos pretendidos, senón que, o máis grave do asunto, é que os desavisados cidadáns que saian ao monte, na falsa confianza de que terminou a tempada de caza e ignorando estes campionatos, coloca a súa vida en máis risco aínda, se cabe, debido a que prescinde das precaucións debidas.

 

Desde as asociacións ecoloxistas que, un ano máis, mostraremos o noso rexeitamento a tan cruel, sanguento e anacrónico evento, travestido de “deporte”, queremos recomendar a máxima cautela aos amantes do monte e da fauna, así como o máis absoluto rexeitamento, tanto a este tipo de concursos de matar animais, como ás imprudentes e temerarias prácticas secretistas da Federación Galega de Caza.

 

Reclamamos así mesmo que, mentres non lle prohiba definitivamente tan aberrante acontecemento, outórguese, por parte da Consellería de Medio Rural, a máxima difusión a estes “eventos” ao obxecto de velar pola seguridade das persoas que desexan frecuentar o monte pacificamente e sen riscos.

 

Colectivos que traballan polo fin dos campionatos de caza:

ABEIRO, ADEGA, Amigos da Terra, Amigos de los Animales, Asturias Verde, ASCEL, Colectivo Ecoloxista do Salnés, Centro Social A Formiga, Coto do Frade, Eucaliptos NON, Federacion Ecoloxista Galega, Fin del maltrato animal, Fundación Altarriba, GAS Vigo, Huellas Cantabria, LIBERA, Salva o Tren, Sociedade Galega de Historia Natural, SOS Courel e Verdegaia.


 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.