Portada NOVAS Terceiro asasinato de ambientalistas opositores á minería metálica
Terceiro asasinato de ambientalistas opositores á minería metálica
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 11 Xaneiro 2010 15:53
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

100111_nomineria

Por terceira vez en seis meses, foi asasinada unha líder comunitaria e ecoloxista pola súa forte oposición á minería de ouro e prata dunha empresa de Canadá no Departamento de Cabañas, O Salvador. Dende Amigos da Terra condenamos esta barbarie e esperamos que se actúe de inmediato para deter aos culpables destes asasinatos, que se levaron por diante a vida dunhas persoas cuxo único delito era defender o medio ambiente do seu país.

 

A ambientalista Dora Alicia Sorto Rodríguez, foi asasinada a finais de decembro, no cantón Trinidad de Sensuntepeque (Cabañas). Este crime sucedeu só unha semana despois do asasinato de Ramiro Rivera Gómez, outro líder da resistencia comunitaria aos proxectos da empresa mineira canadense Pacific Rim, en Cabañas.

 

Este asasinato revela a perigosa situación de Cabañas, O Salvador, onde líderes comunitarios, xornalistas de Radio Victoria, representantes de ONG´s e relixiosos que se opoñen aos proxectos de Pacific Rim son vítimas de atentados, ameazas de mortes, desaparición, torturas e asasinatos.

Con este xa son tres os ambientalistas asasinados: Gustavo Marcelo Rivera, Ramiro Rivera Gómez e Dora Alicia Sorto Rodríguez. Todos estes crimes están impunes, o cal podería motivar asasinatos de máis ambientalistas da zona. Polo tanto, urxe que a Fiscalía Xeral da República e a Policía Nacional Civil actúen de inmediato contra os autores intelectuais e materiais destas violacións aos dereitos humanos.

 

Púxose en marcha unha ciber-acción para demandar o Goberno de Mauricio Funes seguridade para a xente ameazada e o inicio de investigacións. Por favor participa e difunde a acción urxente.

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.