| Terremoto Haití: chamamento aos fondos de solidariedade |
| Escrito por Montse Fernández |
| Venres, 15 Xaneiro 2010 10:32 |
|
O pasado 12 de xaneiro, Haití sufriu un terremoto de magnitude 7.0, xunto con numerosas réplicas. Decenas de miles de persoas perderon a vida ou ten graves feridas. As oficinas de Amigos da Terra Haití (Haiti Survie) foron parcialmente destruídas e varios dos nosos amigos seguen desaparecidos.
O epicentro do terremoto foi de aproximadamente 16 quilómetros ao sur de Port-au-Prince, a capital do país, e fogar de 2 millóns de persoas. Como resultado, gran parte da cidade quedou destruída e decenas de miles de persoas perderon a vida ou están feridas.
As oficinas de Amigos da Terra Haití (Haiti Survie) quedaron parcialmente destruídas e, aínda que o director, Aldrin Calixte, está ileso, outros amigos e membros da familia aínda non foron localizados. Manterémosvos informados das novas que nos cheguen así como dos progresos no país.
Amigos da Terra Haití desempeña un papel vital dentro da sociedade civil de Haití, e máis amplamente o Caribe. Levan a cabo un labor moi valioso sobre a soberanía alimentaria, a deforestación e a desertización, a adaptación ao cambio climático, así como as finanzas internacionais. Para coñecer máis sobre o importante labor que desenvolve Amigos da Terra Haití, podedes consultar o seu informe anual, así como a súa páxina web.
Podedes facer tamén unha contribución para axudar a Amigos da Terra Haití na súa resposta de emerxencia á situación e os esforzos de reconstrución posteriores.
Tamén podes facer a túa doazón nesta conta de Amigos de la Tierra: 1491 0001 21 0010000062
|












