Portada NOVAS Campionato Estatal de caza do raposo
Campionato Estatal de caza do raposo
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 29 Xaneiro 2010 10:57
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

100129_recordatorio_cazarap

Dende Amigos da Terra, convocamos a todos aqueles cidadáns que como nós, condenan as mortes inxustificadas de centos de raposos nos montes galegos. A fauna da nosa comunidade é reiteradamente masacrada (xa son tres os campionatos realizados en Portomarín) baixo o a denominación de “deporte”, recibindo das Concellerías de Medio Rural e de Deporte miles de euros.

A protesta consistirá no rexeitamento público e pacífico destas matanzas inxustificadas mediante un paseo lúdico polo monte dende a mañá cedo con cantigas, instrumentos, silbatos e cacerolas (todo elemento disuasorio para que os raposos se agochen ou escapen) e unha concentración pacífica na praza maior desta vila ás 12.30-13 horas.

 

Organizaranse grupos de persoas para saír ao monte, xuntarémonos ás 8.30 – 9 da mañá na praza maior de Portomarín (Lugo). As zonas de seguridade son os camiños, xa que neles os escopeteiros non poden disparar, nin cazar e deben levar a arma aberta e desprovista de munición.

 

Esperámoste no monte ou na concentración.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.