Portada NOVAS Presentación de Coop57 en Vigo: Outra economía é posible
Presentación de Coop57 en Vigo: Outra economía é posible
Escrito por Judith Sing   
Luns, 24 Maio 2010 10:22
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

cop57 Coop57 naceu en Cataluña, froito dos fondos de compensación recibidos por un grupo de 57 ex traballadores e traballadoras da editorial Bruguera.

Hoxe agrupa a 300 empresas cooperativas e milleiros de socios e socias individuais, con seccións locais establecidas en cinco comunidades: Madrid, Cataluña, Aragón, Andalucía e Galiza.

 

A sección galega de Coop57 preséntase en Vigo, xa non como proxecto senón como unha realidade asentada e en crecemento á que invitamos a sumarse ao conxunto da cidadanía.

 

En Coop57 promóvese un aforro con criterios éticos, que destina os seus recursos a financiar proxectos que promovan a economía social, o cooperativismo e a solidariedade. Nos seus consellos reitores se decide transparente e democraticamente o destino das achegas económicas das persoas e cooperativas que a compoñen, e son financiados soamente proxectos de cooperativas de traballo asociado, iniciativas de inserción laboral, proxectos de movementos sociais, sostibilidade e medio ambiente, cultura e educación.

 

En Coop57 apostamos e traballamos por unha economía solidaria e a escala humana como ferramenta para conseguir unha sociedade xusta e sustentable.

 

A presentación terá lugar o dia 25 de Maio ás 19:30 horas no antigo reitorado do Areal, rúa Oporto nº 1.

 

Para recibir máis información sobre a xornada pódese contactar con: Roberto Andrés Sanmartín ou Nuria González Rodríguez no teléfono 986 866 149 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.