Portada NOVAS As ONG medioambientais piden compatibilizar as actividades humanas coa protección da natureza
As ONG medioambientais piden compatibilizar as actividades humanas coa protección da natureza
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 03 Xuño 2010 09:02
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

 

 

As ONG ambientais, Amigos de la Tierra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF sinalaron a conservación da biodiversidade como tema prioritario para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. A correcta xestión da auga, os mares, os bosques, a agricultura e a loita contra a extinción de especies centran as mensaxes das organizacións.

 

 

As organizacións presentaron un spot no que se conecta a importancia de conservar o noso ámbito con actividades tan cotiás como comer, beber ou ir ao traballo. Así mesmo, os voceiros das ONG ambientais presentan en  diferentes videos as súas propostas que serán difundidas polas redes sociais.

 

 

Vídeo Liliane Spendeler, Directora Ambiental de Amigos de la Tierra

 

2010 foi declarado pola ONU Ano Internacional da Diversidade Biolóxica e por este motivo as reivindicacións destas organizacións xiran en torno aos grandes impactos que están a provocar a actual perda de biodiversidade.

 

Calcúlase que todos os anos se perden entre 18.000 e 55.000 especies no planeta, un fenómeno equiparable ao acontecido na época en que desapareceron os dinosauros e que os científicos bautizaron como a Sexta Extinción. En efecto, a taxa de extinción de especies é entre 100 e 1.000 veces superior ao que se pode considerar natural, e iso está provocado polo impacto das actividades humanas.

 

Entre todas elas, as ONG destacan á agricultura industrial, a pesca insostible, a degradación e contaminación dos nosos cursos de auga, a talla de bosques tropicais e os incendios forestais como os problemas máis importantes, sen esquecer outros impactos derivados do transporte, a construción de infraestruturas e a urbanización do territorio.

 

dia_medio_ambiente

En materia de auga e mares destacan a falta de depuración e o consumo excesivo de recursos hídricos, especialmente na agricultura industrial e as urbanizacións. Tamén a sobrexplotación das pesqueiras e a contaminación mariña que poden facer desaparecer especies como o atún vermello.

 

Reclaman unha agricultura a pequena escala libre de tóxicos e transxénicos, que respecte os hábitats do planeta. Piden tamén unha xestión máis sostible dos bosques e maiores investimentos na loita contra os incendios forestais, e unha ampliación da superficie protexida, especialmente no mar.

 

En resumo, piden unha economía máis respectuosa coa biodiversidade, e para iso esixen a aprobación urxente dunha Estratexia Estatal de Conservación da Biodiversidade que limite o impacto sobre ela dos sectores produtivos e potencie a xestión e recuperación das áreas protexidas da Rede Natura 2000 e das especies en perigo de extinción

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.