Portada NOVAS Motos acuáticas en espazos protexidos
Motos acuáticas en espazos protexidos
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 15 Xuño 2010 09:12
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

motos_acuaticas

 

Amigos da Terra únese aos colectivos Rabo do Galo, Grupo Naturalista Hábitat, Sociedade Galega de Historia Natural e Grupo de Anillamiento Hércules na súa denuncia das carreiras de motos acuáticas na ría de Betanzos, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC), debido á súa riqueza faunística.

 

A ría de Betanzos é un lugar ideal para que as aves constrúan nas marismas os seus niños, xa que conta coa protección da Rede Natura 2000, non obstante, as carreiras de motos acuáticas que tiveron lugar polos canais das marismas no mes de maio, puxeron en perigo este ecosistema. Debido ao ruído dos motores, as aves espantáronse, impedindo que a nidificación se desenvolvese con normalidade e coa posibilidade de perdas de carburante nas embarcacións.

 

Ademais, segundo a normativa que regula este tipo de vehículos, as motos acuáticas non se poden achegar a menos de 200 metros da costa en ningún caso. E tan só os propietarios das motos, non no caso das de aluguer, se poden achegar á costa para varalas, a unha velocidade inferior a 3 nudos e sempre en liña perpendicular á costa.

 

No referente á lexislación ambiental, estas prácticas incumpren diversos apartados da Lei de Conservación da Natureza, do decreto do Catálogo Galego de Especies Ameazadas, da Directiva Hábitats e da Directiva Aves, referidas ás molestias intencionadas á fauna nidificante ou migratoria.

 

A gravación feita por estas asociacións é unha proba innegable do impacto ecolóxico que ten as motos acuáticas sobre estes espazos.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.