Portada NOVAS Día Mundial contra a Desertización e a seca
Día Mundial contra a Desertización e a seca
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 17 Xuño 2010 09:20
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

bicicleta_desierto

Este día conmemora o aniversario da adopción da Convención das Nacións Unidas de loita contra a desertización. No ano 1996 España asinou un convenio na mesma liña, pero de momento a desertización avanza imparable en moitas zonas do noso país e somos o territorio europeo con máis extensión de zonas con risco de desertización, sendo  Castilla-La Mancha, Andalucía, Levante e Murcia as rexións máis ameazadas.

 

As variacións climáticas, os incendios, as inundacións, a contaminación e a actividade humana son os principais factores que favorecen a destrución da cuberta vexetal e a erosión do chan.

 

Na actualidade, a desertificación afecta a máis de 110 países e segundo advirte o secretario xeral da ONU, Ban Ki-moon, durante os últimos 40 anos case un terzo das terras cultivables do mundo deixaron de ser produtivas, en moitos casos quedaron mesmo abandonadas.

 

Nestes intres, Galicia non figura entre as rexións españolas en perigo de desertización, máis non podemos quedarnos de brazos cruzados. Segundo os expertos, de non reducirse as emisións de gases de efecto invernadoiro, a nosa comunidade pode converterse nunha zona mediterránea con enclaves atlánticos nun futuro próximo. Ademais, temos que ter presente que a desertización na nosa comunidade non será climática, senón “edáfica”, polo proceso de perda de chan e a aparición de roca que é “inhábil para a vida” .

 

Para poder previr e reverter a desertización, necesítanse medidas de intervención de grande alcance, así como cambios no modelo de xestión. Estas medidas deben poñerse en funcionamento a todas as escalas, dende o plano local ao mundial, e deberían contar coa participación activa das partes interesadas e as comunidades locais.

 

Ademais, non debemos esquecer que a loita contra a desertización ten un papel fundamental e imprescindible á hora de cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, sobre todo para conseguir erradicar a pobreza extrema e garantir a sostibilidade ambiental.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.