Portada NOVAS Amigos da Terra participa no Festival Entreculturas de Marín
Amigos da Terra participa no Festival Entreculturas de Marín
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 07 Xullo 2010 14:10
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

marin_entreculturas

 

Amigos da Terra participará esta fin de semana no Festival Entreculturas de Marín que da comezo mañá día 8 nesta vila pontevedresa. Serán catro días dedicados a fomentar a integración, a diversidade e a interculturalidade a través dunha pequena mostra da cultura dos diferentes continentes.

 

O principal obxectivo deste festival é mostrar á xente que todos/as somos produto da mestizaxe cultural produto de infinidade de migracións. Que sería da tortilla sen as patacas americanas?, que sería do gazpacho sen tomate?, que sería da empanada ou o pan sen o millo?, que sería da paella sen o arroz asiático?...e da mesma forma nas antípodas encóntranse coa mesma marabilla.

 

Nesta ocasión, Amigos da Terra participa o domingo por partida dobre, pola mañá sobre as 13 horas, cunha exhibición do perfecto funcionamento do forno solar e xa pola tarde, ás 18 horas, cun obradoiro de compostaxe no que repartiremos compost feito en Marín. Así mesmo, faremos difusión dos programas que estamos a levar a cabo coa Concellería de Medio Ambiente de Marín.

 

Unha festa diferente para un Marín Entreculturas!

Máis información

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.