| Amigos da Terra propón á Consellería un espazo de participación no Consello Europeo de MedioAmbiente |
| Escrito por Montse Valencia |
| Martes, 20 Xullo 2010 12:47 |
|
A Consellería de Medio Ambiente galega foi escollida para representar ao resto de comunidades autónomas ante o Consello Europeo de Medio Ambiente durante o segundo semestre do ano. A vindeira reunión deste Consello será en Bruxelas o 14 de outubro, onde a autonomía galega presentará o traballo do resto de comunidades.
A importancia desta representatividade, conleva a responsabilidade de plantexar ante o órgano europeo políticas ambientais que procuren un avance cara a sostenibilidade, xa que o obxectivo inicial de frear a perda da biodiversidade para o 2010 polos Estados membros, foi deficiente.
A estratexia dos países europeos en xeral, e de Galicia en particular, deberá ser a incorporación dunha metodoloxía máis rigorosa para lograr as metas de aquí ao 2020. No caso galego, a participación autonómica neste Consello proporcionará “a oportunidade de facer valer os intereses e incidir no proceso de toma de decisións da Unión Europea […], contribuirá á mellora de políticas comunitarias no eido medioambiental”, segundo declaracións da propia Consellería.
Por todo elo, Amigos da Terra vai propór ao executivo galego a creación de Mesas de participación e grupos de traballo onde teñan cabida os diferentes axentes sociais que conforman as distintas e necesarias visións de salvagarda do medio ambiente en Galicia, de entre os que cabe destacar as asociacións ecoloxistas, para contribuir ao traballo da Consellería de cara a outubro.
A visión a longo prazo debe ser a toma de conciencia definitiva dos problemas e consecuencias ambientais que xeran o cambio climático e a perda da biodiversidade, como principais fontes da afección sobre o contorno e o benestar das persoas. A búsqueda de solucións para o cambio, será prioritaria para os sistemas políticos actuais.
Os grupos de protección ambiental e en xeral, todos aqueles cidadáns que teñan a ben contribuir para frear a perda da conservación do medio ambiente, teñen que atopar un espazo de participación pública que, neste caso, o goberno galego debe promover.
Coñece os teus dereitos ambientais: Estudo de Amigos da Terra sobre a Lei de Aarhus.
|












