Portada NOVAS As irregularidades na canceira pasan factura ao concello de O Carballiño
As irregularidades na canceira pasan factura ao concello de O Carballiño
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 27 Xullo 2010 13:55
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

fosa_cansmortos_portada

 

O concello de O Carballiño recibiu entre marzo e decembro de 2006, dúas partidas económicas que ascendían a 250.000 euros para obras e melloras na canceira municipal. Ditas melloras non chegaron a executarse pero a inversión dos cartos esvaeceuse.

 

Recentemente realizouse unha auditoría no Concello por parte de Facenda, destapando o fondo perdido ao que se destinou ese montante económico que estaba asignado para a mellora das instalacións onde se acollían aos cans da comarca.

 

A lamentable situación na que se atopaban os animais foi denunciada en reiteradas ocasións por Amigos da Terra, xa que a canceira carecía de servizos mínimos legalmente esixidos, como por exemplo o abastecemento de auga potable aos animais, o que deixaba translucir a carencia de inversión económica en ditas instalacións.

 

Na actualidade, Amigos da Terra está á espera de que se admita o recurso de apelación interposto ante a Audiencia Provincial de Ourense pola morte de máis de 70 cans atopados nunha fosa non autorizada nas dependencias da canceira o 3 de marzo do ano pasado. Todos os indicios apuntan a unha mala xestión da canceira como responsable da morte dos cans. Esperamos que esta fidedigna proba da nefasta xestión levada a cabo polo Concello, sirva para esclarecer quen son os responsables.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.