Portada NOVAS Resultados da participación pública de Amigos da Terra no Plan Hidrolóxico Galicia-Costa
Resultados da participación pública de Amigos da Terra no Plan Hidrolóxico Galicia-Costa
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 28 Xullo 2010 10:19
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

costa

 

Augas de Galicia convocou esta primeira Mesa de participación para Galicia Sur. Durante a mesma, os diferentes axentes convidados, entre os que se atopaban Amigos da Terra e a Federación Ecoloxista Galega, puideron facer achegas á Directiva Marco da Auga (DMA) e ao inminente Plan Hidrolóxico de Conca.

 

Amigos da Terra fixo unha importante valoración sobre o tratamento que se da, tanto na Directiva como polo propio organismo de tutela da costa galega, ao estado ecolóxico das augas en xeral e sobre as augas subterráneas, en particular.

 

A queixa principal da asociación baseouse na necesidade de regular de forma máis restrictiva a contaminación das augas subterráneas tratando de “impedir”, e non de “diminuir”, dita contaminación.

 

Así mesmo, trataron o estado ecolóxico das augas subterráneas, xa que son as grandes esquecidas do panorama hidrolóxico. Augas de Galicia realizará un estudo específico sobre as augas subterráneas que pensa xuntar ao Plan Hidrolóxico aínda que entende que existe certa contaminación nestas augas que é imposible impedir, xa que é complexo detectar a súa entrada con antelación (problemas derivados de fosas sépticas, contaminación agraria, etc.).

 

Por último, Amigos da Terra solicitou o rexistro de zonas protexidas porque é o que establece a propia DMA.

 

As vindeiras reunións serán en outubro e decembro (en Galicia-Centro e Galicia-Norte). Se queres participar nas mesas de traballo non dubides en porte en contacto con Amigos da Terra!

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.