Portada NOVAS Amigos da Terra presente en ARGÁLICA 2010
Amigos da Terra presente en ARGÁLICA 2010
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 04 Agosto 2010 14:58
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

FeriaArtesaniaPuestos018

 

Amigos da Terra estará presente ata o vindeiro 15 de agosto en ARGÁLICA, unha das mostras de artesanía máis importantes de toda Galicia e que cada ano se celebra con grande éxito na localidade pontevedresa de Cangas do Morrazo.

 

 

Nesta décimo novena edición e por primeira vez na feira, AFIGA (Asociación para o Fomento e Impulso da Artesanía en Galicia) e o conxunto de artesáns participantes na mostra quixeron apoiar a unha asociación sen ánimo de lucro da comunidade galega coa doazón de distintas obras de artesanía expostas na feira.

 

Amigos da Terra comprácese de ser a primeira asociación que recibe esta distinción. A venda das obras de artesanía cedidas polos participantes, contribuirá ao desenvolvemento dos programas ambientais da nosa entidade.

 

Deste xeito, na mostra contaremos cun posto informativo da asociación, con información da nosa entidade e dos proxectos e programas que levamos a cabo, así como a exposición e venda das obras de artesanía que nos doaron.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.