| Este venres toca tertulia ambiental! |
| Escrito por Montse Fernández |
| Xoves, 28 Abril 2011 08:42 |
|
Amigos da Terra anima á cidadanía de Vigo a unirse a esta interesante tertulia. Pode que os debates que xurdan tras vela muden a visión que temos sobre as cousas.
Tertulias ambientais de Amigos da Terra O principal obxectivo destas "tertulias" é crear un espazo aberto á cidadanía para o diálogo e o intercambio de ideas sobre noticias ambientais de actualidade, así como debater temas de interese social e compartir dúbidas e información. Para Amigos da Terra, a creación desta iniciativa responde ao crecente interese detectado na cidadanía sobre os temas ambientais, así como a falla dun espazo físico no que poder expresar as súas opinións e dúbidas. |

O local de Amigos da Terra-AGARESO en Vigo, acolle este venres, a partir das 19.00 horas, unha nova tertulia ambiental.Nesta ocasión, iniciaremos o debate co visionado da curta "A historia das cousas". Dende a súa extracción ata a súa venda, uso e disposición, todas as cousas que hai nas nosas vidas afectan ás comunidades, e con todo a maioría de todo isto ocúltase. Esta curta expón o lado oculto dos nosos sistemas de produción e modos de consumo e as conexións entre unha gran cantidade de problemas ambientais e sociais. Así mesmo, fai un chamamento a que nos unamos para crear un mundo máis sustentable e xusto.










Comentarios
video.google.com/videoplay?docid=-5645724531418649230#
...deixará de estar disponivel neste soporte desde manhá mesmo (29 de Abril 2011). Google anunciou o feche definitivo de Google Video. Podes ver a info completa aqui:
genbeta.com/.../...
...se queres ter este video, descarrega-o já! ...manhá desconectam.
Entre tanto...
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.