Portada NOVAS Convenio de colaboración entre Amigos da Terra e AGARESO
Convenio de colaboración entre Amigos da Terra e AGARESO
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 28 Abril 2011 09:30
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter


Amigos da Terra e AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) comparten dende setembro de 2010 sede social en Vigo, dende a que desenvolven proxectos de solidariedade, comunicación, sensibilización e cooperación medioambiental.

 

Esta oficina é froito dun convenio de colaboración asinado entra as dúas ONGD's co fin de mellorar e incrementar a súa capacidade de xestión en temas de cooperación ambiental e comunicación, e conta co financiamento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, través de Cooperación Galega.

 

Amigos da Terra e Agareso tomaron a decisión de xuntarse para compartir recursos e duplicar os resultados nas tarefas que ambas as dúas desempeñan. Con esta decisión, ambas organizacións pretenden deseñar e xestionar estratexias de comunicación destinadas á sensibilización da sociedade galega acerca dos proxectos de cooperación realizados dende Galicia con impacto nos países do Sur e a visibilización desta realidade con especial incidencia no eido medioambiental.

 

Con esta sede, as dúas organizacións aúnanse para compartir recursos e duplicar os seus resultados, ao mesmo tempo que loitan por romper o tópico da competitividade entre as ONGD. Amigos da Terra e AGARESO predican co exemplo, traballando para achegar á cidadanía cuestións de solidariedade que non chegan ao gran público, servindo como enlace entre a veciñanza da cidade olívica e os problemas medioambientais. Ademais, a poboación viguesa poderá coñecer beneficios do traballo desprendido dos proxectos de cooperación realizados polas ONGD cos colectivos máis desfavorecidos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
Un Mundo de Bajo Consumo
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.