Portada NOVAS Celebra connosco o Día Mundial do Medio Ambiente!
Celebra connosco o Día Mundial do Medio Ambiente!
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 27 Maio 2011 12:11
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

100206_lagoa_antela-19

 

Para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, o próximo 5 de xuño, dende Amigos da Terra levaremos a cabo dúas actividades nas cidades de Ourense e Vigo. Convidámosvos a celebrar e compartir connosco esta importante data!

 

 

 

Na cidade de Ourense, organizaremos o sábado, 4 de xuño, unha Xornada de Educación Ambiental, na que coñeceremos os mecanismos que temos a nosa disposición para facer fronte a unha agresión ambiental, e que se completará cunha ecovixía polo río Lonia, para coñecer o estado ecolóxico do mesmo e o seu contorno. A xornada dará comezo ás 10.00 horas na Aula da Natureza do río Miño en Oira, rematando a actividade ás 14.00 horas.

 

E na cidade de Vigo, organizaremos para o domingo, 5 de xuño, unha ecovixía polo río Lagares, para observar o seu estado ante as continuas agresións ambientais que está a sufrir. A ruta dará comezo ás 11.00 horas, dende o Pazo Quiñones de León, rematando a actividade ás 18.00 horas.

 

ecovixa

 

Para participar en calquera das dúas saídas precisaredes levar comida-picnic,auga, calzado cómodo, e tamén recomendámosvos levar prismáticos, cámara de fotos, caderno de campo e lapis.

 

Animárvos e apuntárvos a festexar este día connosco!

 

Para máis información e inscricións poñervos en contacto nos enderezos electrónicos:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou nos teléfonos: 988 374 318 / 986 125 171

 

Data límite de inscrición: venres, 3 de xuño ás 14.00 horas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #1 xaime 31/05/2011 16:47
pero esto e chorrada o chorreiro de otero!
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
Un Mundo de Bajo Consumo
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.