Portada NOVAS Amigos de la Tierra Internacional celebra 40 anos de mobilización, resistencia e transformación
Amigos de la Tierra Internacional celebra 40 anos de mobilización, resistencia e transformación
Escrito por Angel Dorrio   
Mércores, 15 Xuño 2011 17:33
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

40anos_logo 

Hoxe, Amigos de la Tierra Internacional, a federación de grupos ecoloxistas máis grande do mundo, conmemora o seu 40 aniversario. A federación celebrará xunto aos seus grupos e simpatizantes todos os logros conseguidos ao longo destes anos.

Esta data é, á súa vez, unha oportunidade para mirar adiante, aos próximos corenta anos, e destacar a importancia e a urxencia dunha transformación mundial cara a sociedades respectuosas co medio e socialmente xustas.

 

 

Amigos de la Tierra Internacional foi fundada en 1971 en Roslagen, Suecia, por un grupo de ecoloxistas de Francia, Suecia, Reino Unido e Estados Unidos, que viron a crecente necesidade de crear unha organización que traballase polo medio, que transcendese fronteiras. Corenta anos despois, a federación conta con 76 grupos nacionais e máis de 2 millóns de socios e seguidores en todo o mundo. A federación basea as súas campañas e posicionamentos no seu traballo coas comunidades locais. Neste sentido, Amigos de la Tierra Internacional forma parte dun movemento mundial e social que agrupa organizacións campesiñas, indíxenas, de traballo, de mulleres e de mozos.

 

Nnimmo Bassey, presidente de Amigos de la Tierra Internacional declarou: "Co noso traballo conxunto en todo o mundo, demostramos ás institucións e gobernos belixerantes que o camiño cara ao futuro pasa pola solidariedade entre os pobos e non pola competencia e a destrución. Estamos orgullosos de dicir que en corenta anos crecemos, somos máis persoas e temos máis forza, e continuaremos apoiando firmemente os que loitan pola xustiza social e ambiental en todo o mundo".

 

logo_persoas

 

Os grupos de Amigos da Terra Internacional realizan campañas conxuntas sobre os problemas ambientais e sociais máis incitantes, dende a perda de biodiversidade ao cambio climático ata os agrocombustibles e a minaría. O seu traballo céntrase en reducir a influencia que exercen as políticas económicas actuais e as accións dalgunhas das multinacionais máis poderosas do mundo, así como en buscar sociedades sostibles que aseguren a xustiza ambiental e social, a dignidade humana e o respecto polos dereitos humanos e polos pobos. Amigos de la Tierra Internacional parte da convicción de que un mundo mellor é necesario e posible e continuará traballando con este fin durante os próximos corenta anos.

 

"O traballo da federación xunto a todos os grupos locais que a conforman representa un claro exemplo de unión para chegar a obxectivos comúns, do local ao global. É o mellor camiño para lograr un cambio real tanto nas políticas coma nas actitudes e así, conseguir unha sociedade respectuosa co medio, xusta e solidaria," declarou Liliane Spendeler, directora ambiental de Amigos de la Tierra España.

 

Amigos de la Tierra España, celebra estes 40 anos de logros conxuntos, que contribuíron a afianzar o traballo de cada un dos grupos da federación, coma o grupo local de Amigos da Terra Galicia. Neste sentido, a organización en Galicia e os grupos locais de España contan co apoio internacional, que enriquece as súas actividades nas áreas nas que centra o seu traballo, dando máis forza ás súas campañas de redución de residuos, xustiza climática, soberanía alimentaria e cooperación.

 

mosaico

 

Producimos unha serie de materiais para conmemorar o noso aniversario, como por exemplo:

 

* Amigos de la Tierra Internacional, 40 anos: un informe sobre a historia da federación, as nosas principais vitorias nas últimas décadas e o noso papel no movemento mundial polo medio

http://www.foei.org/es/who-we-are/about/40o-aniversario/

 

* 40 Loitas e éxitos: unha recompilación de exemplos de campañas e vitorias inspiradoras dos nosos grupos membro e das comunidades coas que traballan

http://www.foei.org/es/luchas-exitos

 

* Artigo de opinión do Presidente de Amigos da Terra Internacional, Nnimmo Bassey, de Amigos da Terra Nixeria

http://www.tierra.org/spip/IMG/doc/articulo-de-opinion-nnimmo-bassey.doc

 

Fotos dispoñibles para descargar libres de dereitos:

http://www.flickr.com/photos/foei/

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
Un Mundo de Bajo Consumo
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.