Portada NOVAS Grupos ecoloxistas de todo o Estado manifestan o seu desacordo coa Orde de Vedas da Xunta de Galicia
Grupos ecoloxistas de todo o Estado manifestan o seu desacordo coa Orde de Vedas da Xunta de Galicia
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 24 Xuño 2011 09:54
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

raposo_2011

 

Amigos da Terra é un dos grupos que, xunto cunha ducia máis, manifestan a irreponsabilidade que reflicte o texto da orde de vedas 2010-2011 elaborado e consensuado pola Consellería do Medio Rural e pola Federación Galega de Caza que teñen un novo obxectivo: rematar co raposo.

 

 

Ven de ser publicada a orde de vedas 2010-2011 que emite a Consellería do Medio Rural. Nela pódese comprobar que segue en auxe a permisividade para co lobby da caza, permitíndolles cazar no monte o ano enteiro, incluíndo épocas como o verán co consecuente risco de incendios, transgresión da correspondente lei de incendios, danos ás crías da fauna e risco para os demais usuarios do monte. Pero este ano engádense uns cuantos desatinos máis.

 

O primeiro que chama a atención nunha orde de vedas, é que se contradiga unha lei superior, cal é a lei de caza, xa que se autorizan as batidas por danos nas zonas de adestramento de cans e nas zonas de reserva, lugares onde a lei de caza prohíbe dita actividade.


Tamén se inclúe unha relación de concellos onde a caza por danos ao xabaril, non precisa sequera de que ditos danos se comproben. Entre eles destacan concellos famosos pola súa adicación e afección aos eventos cinexéticos como campionatos e feiras, isto é Rodeiro, Portomarín, Chantada e O Incio.

 

Pero o máis destacado é o novo apartado que se inclúe no capítulo da caza por danos. Refírese este apartado novo á autorización de batidas por danos, contra, nada menos que os raposos.

 

Aos grupos que manifestamos o desacordo plural contra a orde de vedas, gustaríanos saber que tipo de danos causou ata agora o raposo e que xustifiquen a súa inclusión na actual orde de vedas e nada menos que na modalidade de caza por danos. Poderá ser cazado, tamén, mesmo en zonas de adestramento de cans e nas zonas de reserva, o cal indica o perigoso que, de súpeto, volveuse o inofensivo raposo.

 

A orde prevé que, antes de autorizar as batidas, os danos deben ser debidamente comprobados. Entón, como se van a comprobar danos que nunca viramos por parte do raposo?


Ignoramos se pensan mostrar a foto dunha galiña destripada, se confían na complicidade dos axentes encargados de certificalos, ou se autorizarán as batidas de maneira automática sempre que se presente unha solicitude.

 

É lamentable que a Consellería do Medio Rural, que debería lexislar en beneficio de toda a sociedade, accedese a incluir unha norma altamente nociva para a fauna só para atender, de forma servil e sumisa, aos caprichos dun colectivo tan depredador e letal como o da caza, con total desprezo, e sen sequera consultar aos demais axentes que tamén temos dereito a participar nestes asuntos, máxime cando a nosa meta é pór algo de sensatez nos comerciais intereses que move a caza con total desprezo polos danos que causan.


Pouco ou nada podemos facer as asociacións cando, institucións que teñen a facultade de lexislar non permiten a participación plural na regulación dunha actividade, como a caza, que afecta a toda a sociedade xa que os espazos naturais onde se executa esta actividade, é de todos e todas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
Un Mundo de Bajo Consumo
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.