Portada NOVAS ASCEL, Amigos da Terra e Verdegaia solicitan a toma de solucións na problemática entre lobo e home
ASCEL, Amigos da Terra e Verdegaia solicitan a toma de solucións na problemática entre lobo e home
Escrito por Montse Valencia   
Venres, 08 Xullo 2011 13:37
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

 

lobo

 

A raíz da recente concesión de batidas ao lobo na Serra do Barbanza e que outra batida está concedida o vindeiro sábado día 9 de xullo nas proximidades do monte Enxa en Porto do Son, as asociacións asinantes enviaron un escrito ao Servizo de Conservación da Natureza da Provincia de A Coruña.

 

O contido do escrito recolle que non é de recibo que se concedan batidas nestas datas nas que a especie é máis vulnerable. Está estipulado no punto 10 do Plan de Xestión do lobo que “se evitarán, salvo casos excepcionais debidamente xustificados, a realización de controis durante a época de reprodución desta especie”; contemplando ao noso parecer por razóns biolóxicas, un tempo moi curto que debería abarcar dende marzo a outubro. A concesión de batidas sen estudos poboacionais serios e previos é un arma que se emprega de modo inxustificado e habitual.

 

Segundo datos publicados anteriormente por ASCEL, o lobo afecta a menos do 0'1% do gando doméstico en Galicia, sendo moito maiores as perdas causadas ao gremio gandeiro polas enfermidades que as que se derivan de danos producidos polo lobo.

 

O monte Enxa e a súa periferia está dividido por un entramado de valados financiados con fondos públicos ao longo dos cales se moven as reses equinas. Este tipo de gando non ten apenas aproveitamento económico, a pesar diso, recibiu importantes inversións para a instalación de tales valados o que permite millorar o seu manexo neste entorno.

 

Dada a problemática existente, propoñemos a complementación dos valados coa instalación dun pastor eléctrico que se poida mover e colocar en cada unha das parcelas ao logo do tempo cos cabalos. Temos constancia que temporalmente, os donos moven os cabalos a través das parcelas, consideramos entón oportuno este sistema que poden mover e volver a colocar durante ese proceso.

 

Para máis eficacia, unha vez paridas as eguas, estas deberían manterse cos poldros en enclaves delimitados por ditos pastores electrificados. Sen dúbida, os ataques diminuirán e, ainda que pode supor un coste económico inicial, éste se compensará a longo prazo cunha diminución ou descenso de danos e da problemática existente.

 

Existe un estudo que fai mención á existencia de certas barreiras que impiden ou dificultan a colonización do Corzo Capreolus capreolus ao oeste da AP-9. A millora do hábitat na Serra do Barbanza, a facilitación de corredores e a permeabilización de obstáculos como a citada autopista poden ser fundamentais para fomentar as poboacións da especie e contribuir a frear ou diminuir a problemática existente entre o lobo e o gando equino.

 

Esta problemática xunto coa eucaliptización, o abandono do monte e outros factores poden estar na orixe dos continuos e devastadores incendios que teñen lugar na Serra do Barbanza. Consideramos que a celebración de mesas de debate entre os distintos sectores implicados nos usos forestais pode contribuir a conciliar intereses e disolver algún dos factores que manteñen parte desta problemática.

 

As asociacións firmantes se ofrecen a prestar a axuda que necesite a Consellería neste ámbito.

 

 ASCEL, Verdegaia e Amigos da Terra

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
+1 #3 xabi 14/07/2011 21:49
Certamente se devera invertir em medidas preventivas, e a Xunta este ano tam só destinou 30.000 euros para TODA Galiza.

Os gandeiros, acostumados a solicitar subvençoms prefirem que o lobo lhes ataque o gando equino pois se cobram a axuda por danos esta supera o valor do animal.

Mais o gado hai que atendelo, e nesso os nossos gandeiros nom som como os de antes, pois cando observam o dano já passarom vários días e lhes é imposível reclamar. E poucos estám dispostos a tomar medidas preventivas, bem por pasotismo bem pola grande extensom dos montes bem por que "...e quem me vai pagar o penso para o mastím..."

E as batidas, por suposto que som ilegais, nom só polo feito de levarse a cabo em época de cría senom também porque a Xunta nom sabe o estado de conservaçom das povoaçoms de lobo. A demáis é um segredo a vozes que em época de caça se matam lobos de forma ilegal, a veces mandas enteiras.
Citar
 
 
+3 #2 Sursoñador 13/07/2011 11:26
Mentras que o home siga sendo un lobo para o home non vai respetar os outros animais do planeta...
Citar
 
 
+1 #1 Manu 11/07/2011 08:24
A estos "sufridos" ganaderos de caballos que se quejan de las enormes pérdidas que les ocasionan cuatro escuálidos lobos a sus reses a las que dejan a su suerte en el monte (eso sí, cuando hay daños en los cultivos no son de nadie) dos noticias muy gráficas:

Una es del año 2010 en la que se señala que los precios por la venta de caballos no superan los 60-70 euros animal: lavozdegalicia.es/.../...

Esta otra es todavía más reciente, mayo de 2011, y en él los ganaderos señalan que este año los precios no superan los 40-50 euros por caballo: lavozdegalicia.es/.../...

¿Cual es el motivo de que este negocio ruinoso tenga prebendas y ayudas públicas para apropiarse de montes enteros?, ¿y no contentos con eso, permitir batidas de lobos por unos daños de unos pocos cientos de euros?

Aquí huele a presiones de los cazadores.
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
Un Mundo de Bajo Consumo
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.