Portada NOVAS Vigozoo celebra 40 anos de ilegalidade
Vigozoo celebra 40 anos de ilegalidade
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 01 Agosto 2011 10:29
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

animales_enjaulados

O Concello de Vigo anunciou a "bombo e platillo" a celebración do 40 aniversario de Vigozoo, non obstante, para Amigos da Terra non hai moito que celebrar, xa que 40 anos despois o zoolóxico de Vigo segue sendo ilegal, posto que continúa sen ter licenza municipal de actividade, sen ser o propietario dos terreos, e conta con instalacións pechadas ao público.

 

Para a asociación, o que está a celebrar Vigozoo durante esta semana son 40 anos de ilegalidade, xa que a estas alturas, o zoolóxico de Vigo non conta con licenza municipal de actividade, preceptiva para calquera instalación aberta ao público. Foi aínda o pasado 28 de abril, cando o Parque das Ciencias Vigozoo solicitou á Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza de actividade como parque zoolóxico, confirmando deste xeito, a situación de ilegalidade denunciada reiteradamente pola asociación ecoloxista, e negada sistematicamente polas diferentes Concellerías de Medio Ambiente que tivo a cidade olívica.

 

No referente ás instalacións do parque, continúan as irregularidades que nos últimos anos se veñen denunciando, mesmo, por instancias europeas. A día de hoxe, algunhas instalacións do zoo, continúan sen estar autorizadas para a súa apertura ao público, segundo o informe da última inspección, realizada por membros da Consellería do Medio Rural, polas deficiencias que aínda presentan.

 

Así mesmo, Vigozoo continúa ocupando uns terreos que non lle pertencen, sendo a Comunidade de Montes de Teis, a lexítima propietaria dos terreos como confirma a sentenza firme e definitiva dictada dende fai dous anos. Unha situación que parece non preocupar a Abel Caballero, que se nega siquera a recibir aos comuneiros.

 

Amigos da Terra leva denunciando a ilegalidade do zoo dende fai máis de dez anos. Para a asociación, a necesidade de que estas instalacións se adecúen á normativa existente é a garantía de salvagarda para os visitantes do zoo, e por suposto, garantía de benestar dos animais cos que conta o parque.

 

oso_vigozoo

 

Non obstante, continuamos opinando que Vigozoo debe ser clausurado, e aproveitar as instalacións, persoal e terreos do mesmo, como centro de apoio para a recuperación de fauna autóctona, granxa escola e viveiro forestal. Vigozoo representa a supervivencia dunha visión prepotente e caduca da relación entre a humanidade e a natureza, ningunha presunta labor educativa ou de conservación xustifica a súa continuidade no século XXI, polo que a conservación de especies e espazos debe realizarse "in situ".

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
+2 #1 Antón 01/08/2011 10:48
Por algo semellante calqueira instalación privada aberta ao público estaría pechada e os seus responsables fortemente sancionados. Pero Vigozoo leva 40 anos ilegal... e non pasa nada!!!
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
Un Mundo de Bajo Consumo
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.