Portada NOVAS Presenza de Amigos da Terra no Salón Bioatlantic
Presenza de Amigos da Terra no Salón Bioatlantic
Escrito por Angel Dorrio   
Martes, 27 Setembro 2011 15:39
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

bioatlantic_amigosdaterra_

Amigos da Terra estará presente en Vigo os vindeiros 30 de setembro 1 e 2 de outubro no Salón Bioatlantic, un espazo de difusión e encontro sobre Bioalimentacion, Bioenerxías e Bioconstrución.

 

O proxecto está estructurado nun salón con numerosos expositores, un programa de conferencias divulgativas e o desenvolvemento do "I Foro Atlántico de Desarrollo Sostenible", un evento que se perfila como punto de encontro entre os expertos do sector e un espazo no que se reúnan os protagonistas do desenvolvemento sostible.

 

Dende a Asociación participaremos aportando unha visión global, práctica e ecoloxista dos temas centrais do evento; presentando nunha comunicación o proxecto de As Corcerizas, e difundindo información sobre bioconstrucción, transxénicos e xestión de residuos nun posto informativo no que tamén divulgaremos as actividades de Amigos da Terra.


HORARIO:

DÍA 30 Setembro e 1 de Outubro: de 10.30 h a 20.00h

DÍA 2 de Outubro: De 10.30h a 19.00 h

 

LUGAR:

Auditorio Palacio Congresos Mar de Vigo

Avda. Beiramar s/n  36202 Vigo

 

PREZOS:

Entrada ao Salón: 5€ en taquilla e 3€ solicitando desconto na web (ate o mércores 28)

Asistencia ao Foro (previa inscrición): 3€ por 1 día; 5€ os 2 días (inclúe visita ao salón)

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #1 Analía 04/10/2011 14:25
Para todas as persoas interesadas comentar que a vindeira fin de semana a Rede galega de sementes organiza en Redondela o III Encontro de Sementes.
A actividade terá lugar o sábado 8 de outubro, na alameda de Redondela, a partir das 10:30 horas.

Máis información e programa en :
redegalegadesementes.wordpress.com
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
Un Mundo de Bajo Consumo
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.