Portada NOVAS Homenaxe a Ton, moitas grazas pola túa dedicación e entrega
Homenaxe a Ton, moitas grazas pola túa dedicación e entrega
Escrito por Angel Dorrio   
Sábado, 15 Outubro 2011 11:19
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Ton21

 

 Non queriamos deixar de dar as grazas a Xosé Antonio Mariño, Ton, un dos nosos compañeiros no Salvador, polo seu traballo e dedicación cos proxectos de cooperación. O pasado martes faleceu de forma repentina por problemas de saúde.

 

A toda a súa familia e amigos, a todos os seus compañeiros, queriamos transmitirlles noso máis sincero pesar. Aínda sabemos que todo o seu traballo que estivo realizando deixará unha gran parte del, da súa experiencia e dos seus coñecementos, que permitiron e permitirán ás comunidades locais seguir avanzando cara a unha sociedade respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

 

Ton levaba vivindo aproximadamente 15 anos no país aínda que era orixinario da Coruña e tiña nacionalidade española, sendo experto en acuicultura e pesca. Hai pouco máis de 4 meses foi contratado como coordinador local para O Salvador para o proxecto EcoPesca, un proxecto trinacional no Golfo de Fonseca. O noso compañeiro traballaba en CODECA,socio local de Amigos da Terra España na zona.

 

Sempre sentiu unha gran identificación coa nosa organización e os valores que promovemos. Ton formaba parte do noso equipo, traballando de forma moi estreita con todos nós no Salvador. A súa actitude entusiasta e a súa dedicación imprimían unha gran enerxía ao proxecto e a todos os que tivemos a sorte de traballar con él.

 

Por todo, grazas, Ton. Que descanses en paz compañeiro. Non che esquecerémos.

Amigos da Terra.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asociación Amigos da Terra
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Plataforma Galega Antitransxénicos
Somos Amigos de la Tierra
Un Mundo de Bajo Consumo
40 anos de Friends of the Earth International

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.