| As organizacións ecoloxistas reclaman a Rajoy que se manteña o Ministerio de Medio Ambiente |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Mércores, 07 Decembro 2011 19:36 |
|
Nunha carta dirixida a Mariano Rajoy, as organizacións ecoloxistas recordan que no escenario de crise actual a conservación do medio ambiente, máis que nunca, forma parte da solución e que sen un Ministerio de Medio Ambinte España perderá relevancia a nivel europeo e internacional.
As organizacións ecoloxistas Amigos de la Tierra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF dirixíronse por carta a Mariano Rajoy para pedirlle que o Ministerio de Medio Ambiente se manteña dentro do organigrama do novo goberno que se formará nas próximas semanas.
"As organizacións asinantes consideramos a desaparición deste Ministerio ou a dispersión das súas actuais competencias noutros departamentos, como un paso atrás e un sinal moi negativo para a sociedade española,".
Un Ministerio de Medio Ambiente forte é esencial para asegurar que as políticas ambientais son tomadas en conta nas decisións do Consello de Ministros/ás e que se respectan os compromisos do noso país na materia, como as directivas europeas. Pero ademais, a existencia dun Ministerio de Medio Ambiente é fundamental para asegurar que España é escoitada tanto no Consello Europeo coma nos diferentes cumios e convenios internacionais nos que se adoptan decisións estratéxicas, foros que requiren representacións dos gobernos ao máis alto nivel.
"Sen un Ministerio de Medio Ambiente forte, España podería perder gran cantidade de fondos comunitarios e oportunidades para influír nas decisións europeas e internacionais sobre asuntos como o cambio climático, o uso da auga, a agricultura e a pesca, ou a perda de biodiversidade. Pola contra, un Ministerio de Medio Ambiente forte é a oportunidade de asegurar avances para a saúde dos ecosistemas, o uso sostible dos recursos naturais que constitúen a base da nosa economía e o despregamento de tecnoloxías respectuosas co medio. Nun contexto de crise económica a grande escala como o actual, as políticas "verdes" poden e deben xogar un papel clave na xeración de emprego de calidade no noso país", segundo as organizacións asinantes. |













Comentarios
polo tanto esto non e normal, terian que pedir que existise un ministerio de m.a de novo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.