Portada NOVAS Voces do Sur Global esixen Xustiza Climática en Barcelona
Voces do Sur Global esixen Xustiza Climática en Barcelona
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 05 Novembro 2009 18:05
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091105_xustizaclimatica

 

Amigos de la Tierra, no marco das conversacións da ONU que esta semana se levan a cabo en Barcelona, esixe Xustiza Climática. Esta mañá presentou dous representantes de comunidades afectadas actualmente polo cambio climático que nos falaron da súa loita diaria fronte aos impactos do quentamento global.

 

Pelenise Alofa, provén do arquipélago de Kiribati, no Pacífico Sur, unha serie de illas que se prevé que en 15 ou 25 anos desaparezan baixo o mar. Actualmente o seu pobo, maiormente indíxena, xa se está a enfrontar aos indicios desta problemática, principalmente a suba do nivel do mar que literalmente traga zonas habitadas e habitables, e a intrusión salina nos pozos de auga potable que xacen baixo o subsolo destas illas. Pelenise esixiu que os principais países causantes do quentamento global se comprometan a reducir as súas emisións ata un 40% antes do 2020, e provean dos recursos necesarios para que a súa xente poida evitar converterse en desprazados climáticos.

 

Por outra banda, Luciano Brunet, superintendente en Santarém del Instituto Nacional de Colonización e Reforma Agraria de Brasil (INCRA), denuncia a perda de territorios habitables e forestais a causa das inundacións fluviais que se están a experimentar nos últimos 15 anos na Amazonía, así como do implacable avance da industria extractiva de minerais, que serve para alimentar os patróns de sobre-consumo do Norte. Luciano, é o encargado de lidar cos varios actores que conforman esta armazón de recursos e intereses nunha zona habitada por 24 millóns de persoas, onde os máis pobres son os que máis sofren as consecuencias desta problemática social e ambiental.

 

Esta presentación coincidiu precisamente coas conversacións no marco da ONU sobre cambio climático. Esta reunión é vital para alcanzar un acordo ambicioso e xusto no cumio de Copenhaguen en decembro. Amigos de la Tierra esixe que este acordo está baseado na Xustiza Climática: os países ricos, únicos responsables históricos da crise ambiental que afecta sobre todo aos países empobrecidos, deben comprometerse a unha redución drástica de emisións de gases de efecto invernadoiro necesaria para deter o quentamento global. Ademais deben transferir ao Sur Global os recursos, económicos e tecnolóxicos, necesarios para mitigar o cambio climático e adaptarse ás súas consecuencias.

 

Co obxectivo de construír un movemento a favor da Xustiza Climática en Europa, estes mesmos testemuños déronse onte a coñecer no Parlamento Europeo e presentaranse a semana que vén en Austria.

 

Máis información

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Cambio Climático

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.